Para ver correctamente este contenido necesitas descargar el plugin Adobe Flash Player.
O amor tamén precisa ser mimado e para iso propoñemos unha escapada no mes de San Valentín. Boa estancia, gastronomía e os rincunchos da Costa da Morte.
Un día: Pack de benvenida con Champán, froitas e bombóns. Cea romántica, cálida habitación e almorzo. En habitación normal: 120 euros. En habitación con hidromasaxe: 135 euros.
Dous días: Pack de benvenida. Cea romántica unha noite, 2 noites de pernocta e almorzos. En habitación normal: 170 euros. En habitación con hidromasaxe: 200 euros.<...
O portal Tripadvisor, líder mundial, acaba de concedernos a certificación de EXCELENTE, situando os usuarios a Casa de Trillo como primeiro establecemento da Costa da Morte e cuarto de Galicia. Esto, xunto coa Q de Calidade, a certificación da Red Europea de Turismo Sostenible, entre outras accións, axudaranos a seguir mellorando, que é do que se trata. Gracias a todos.
O esforzo realizado en prol do bo facer por parte de Casa de Trillo viuse recoñecido coa certificación Q de Calidade, que expide o Instituto para la Calidad Turística Española. Somos o primeiro establecemento con esta distinción na comarca de Fisterra.
Sen dúbida, os procesos de busca da excelencia redundarán nunha mellor atención ós nosos clientes, que ó final se converten amigos.
Onde se pon o último raio de sol de Europa?
Sorprende á túa parella e escapa uns días a Muxía. Será unha fin de semana única para vós, das que recordaredes toda a vida.
O entretemento e a aprendizaxe son compatibles. Ofrecémosche a posibilidade de comprobalo coa estadía en Muxía, onde ti e a túa familia poderedes convertervos en periodistas durante o tempo que vos hospededes neste recuncho de Galicia.
