Compartir:

A ruta consta de 112 quilómetros a realizar en 5 etapas. Ao final de cada unha, o viaxeiro é recollido a pé de camiño e conducido en automóbil a un aloxamento rural no que durmirá tras unha merecida cea caseira elaborada con produtos da zona.

Pola mañá, tras un completo almorzo, achegarase ao camiñante de novo en coche ao inicio da súa seguinte etapa.

Servizos opcionais:
Picnic para a etapa de cada día.
Traslado da equipaxe en taxi.

Prezo con cea e almorzo incluídos:
1 Persoa (habitación individual) 470 ? (IVE incluído)
2 Persoas (habitación dobre) 665 ? (IVE incluído)

O BONO IACOBUS pode ser contratado durante todo el ano exceptuando o mes de agosto e Semana Santa, de forma individual, en parella ou en grupos.
Para obter toda a información adicional que necesites sobre o BONO IACOBUS podes chamar ao teléfono 902 200 432 ou enviar un correo electrónico a cir.turgalicia@xunta.es

Co BONO IACOBUS só terás que camiñar e sentir, porque o descanso telos asegurado.

(*) A comercialización realízase a través de axencias de viaxes legalmente autorizadas.





Volver