Compartir:

Santa Mariña, 1 - 15125 Muxía, A Coruña.

Teléfono: 634 759 557

E-mail: info@casadetrillo.com

Cómo chegar
Croquis de situación de Casa de Trillo

Antes de iniciar a súa viaxe, estude a ruta.

Ofrecémoslle algunhas indicacións que lle poden ser de axuda.

Debe ter en conta que a nosa casa está sita nunha pequena aldea chamada Santa Mariña (de Coucieiro) a 8 km da capital do municipio, Muxía.

Localización de Casa de Trillo en Google Maps >>

COORDENADAS GPS:
Latitude: 43º 2’43.85’’ Norte
Lonxitude: 9º 11’31.82’’ Oeste

Dende Muxía

(aprox. 8 km. Tempo: 10 min.)
Hai que desprazarse ata Os Muíños e alí tomar, á dereita, a estrada que vai a Cee. Despois de andar uns 4 km, en Vilarmide, tómase un desvío á dereita, xunto a un supermercado Onda. Está sinalizado. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.
Temos outro acceso sinalizado que pasa polas aldeas de Cruce de Cartel, Cartel e Bouzas.

Desde Fisterra

(aprox. 36 km. Tempo: media hora)
Pola AC-552 vimos ata Cee e seguimos uns 3 km máis. Veremos un desvío á esquerda (despois de pasar un concesionario de Ford que tamén queda á esquerda) que indica "Muxía". Esta é a estrada que vai dar a Os Muíños. Pasaremos por Bermún, Pereiriña, Sinagoga, Mintirans, Caberta, Montesiños, Sorna e chegamos a Vilarmide. Son aproximadamente uns 7 km. En Vilarmide, debemos tomar un desvío á esquerda, xunto a un supermercado Onda. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.

Desde A Coruña

(aprox. 90 km. Tempo: 1 h e cuarto)
Sáese en dirección Carballo e pódese vir ata esa localidade por estrada ou por autoestrada de peaxe. Desde Carballo continúase pola AC-552 ata o km 77, onde se toma un desvío a man dereita que indica a casa e tamén Senande e Muxía. A uns 8 km atópase un cruzamento, na aldea de Vilarmide. Alí, seguindo a indicación que se ve de fronte, vírase á dereita, circúlase uns 200 m e tómase un desvío a man esquerda xunto a un supermercado Onda. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.

Desde Santiago

(aprox. 80 km. Tempo: 1 h e cuarto)
Para saír da cidade, tómase a estrada de Noia. Ao chegar a Bertamiráns, vírase á dereita. Continúa o traxecto ata Negreira, de aí a Pereira, Baíñas e Berdoias. Neste último lugar hai un cruzamento (e un stop) coa AC-552. Aí é necesario virar á esquerda, en dirección Fisterra, e no km 77 tómase un desvío á dereita. A uns 8 km atópase un cruzamento, na aldea de Vilarmide. Alí, seguindo a indicación que se ve de fronte, vírase á dereita, circúlanse uns 200 m e tómase un desvío a man esquerda xunto a un supermercado Onda. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.

Desde Vigo

(aprox. 2 h e media)
Vénse pola autoestrada en dirección Santiago e sáese en Padrón. Á altura de Picaraña, tómase un desvío a man esquerda, xunto a un polígono industrial. Pasaremos por Os Ánxeles, cruzaremos, nunha rotonda, a estrada que vai de Santiago a Noia, seguiremos por Brión e chegaremos a un cruzamento. Alí debemos ir cara á esquerda en dirección a Negreira. Continuaremos cara a Pereira, Baíñas e Berdoias. Neste último lugar hai un cruzamento (e un stop) coa AC-552. Aí é necesario virar á esquerda, en dirección Fisterra, e no km 77 tómase un desvío á dereita. A uns 8 km atópase un cruzamento, na aldea de Vilarmide. Alí, seguindo a indicación que se ve de fronte, vírase á dereita, circúlanse uns 200 m e tómase un desvío a man esquerda xunto a un supermercado Onda. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.

Desde Madrid

(aprox. 6 horas e media)
Vénse pola autoestrada ata Galicia. Non se entra na cidade da Coruña. Tómanse os desvíos que conducen a Arteixo, primeiro, e Carballo, a continuación. Unha vez se chegue a Carballo vírase cara a Fisterra, con coidado na saída. Desde Carballo continúase pola AC-552 ata o km 77, onde se toma un desvío a man dereita que indica a casa e tamén Senande e Muxía. A uns 8 km atópase un cruzamento, na aldea de Vilarmide. Alí, seguindo a indicación que se ve de fronte, vírase á dereita, circúlanse uns 200 m e tómase un desvío a man esquerda xunto a un supermercado Onda. Desde aí só queda 1 km para chegar a casa.