Compartir:
00-00-0000

Muxía, gran protagonista en Fitur

Muxía foi este ano unha das grandes protagonistas de Fitur. No pavillón de Galicia, Muxía Turismo Rural e o Concello muxiano, xunto co de Calatayud, presentaron un proxecto de intercambio entre o municipio da Barca e a ciudade aragonesa, co congro curado como vínculo de unión. Alí estaban ambos alcaldes, representantes de Muxía Turismo Rural e a directora de Turgalicia. Presidindo a sá, varios exemplares de pescado seco, que despertaron a curiosidade dos presentes, tanto polo seu aspecto visual como polo seu intenso olor a mar. Entre os máis de 70 asistentes estaban os presidentes da Asociación Galega de Turismo Rural, FECOM, APTCM, Neria e Amigos do Liño; o alcalde de Dumbría, catro concelleiros de Calatayud, operadores de turismo como Viajes Viloria, empresarios do ramo, entre outros.
O proxecto tivo unha gran repercusión en medios de comunicación tanto nacionais como de Aragón e Galicia. Así, puideron verse amplas reportaxes sobre o tema en: El Mundo, ABC, TVE, la Agencia EFE... Entre os medios aragoneses que se interesaron polo asunto están o Heraldo de Aragón, a Televisión de Aragón, El Periódico de Aragón, Calatayud Virtual... De Galicia, destacar a TVG, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña, a Radio Galega, etc. Pero incluso medios doutras comunidades recolleron a noticia, como o diario La Verdad de Murcia.
Non cabe dúbida de que, a partir de agora Muxía será moito máis coñecida en Aragón e os recursos de Calatayud sonarán máis na nosa terra. A delegacion muxiana móstrase amplamente satisfeita pola repercusión que tivo a iniciativa.
Vaia o noso sinceiro agradecemento para os concellos de Muxía e Calatayud, encabezados polos seus respectivos alcaldes, e para Turgalicia, quen nos deu todo tipo de facilidades para levar a cabo a presentación. Seguiremos traballando.

Reservas Casa de Trillo