Compartir:
02-12-2010

Escapada Slow no mes de decembro

Con motivo do Terra Madre Day

No ánimo de sumarnos á celebración mundial Terra Madre Day (Slow Food), propoñemos para todo o mes de decembro unha Escapada Slow, que lle permitirá apoiar os alimentos bos, limpos e xustos.
O paquete inclue aloxamento en habitación doble, almorzo e cea Slow, co seguinte menú:
- Caldo cremoso de hortalizas con tropezóns de pan de trigo ou revolto de setas
- Porco celta ó forno en cazola de barro, ou caldeirada de peixe do día
- De postre, filloas con nata e fios de mel ou tartas caseiras
- Viño D. O. Ribeiro.
- Cafés e chupitos de oruxo
Prezo por parella para un día: 100 euros, IVE incluído
Prezo por parella para dous días: 180 euros, IVE incluído