Compartir:
01-10-2010

Casa de Trillo súmase a campaña solidaria Restaurantes contra el Hambre

Unha iniciativa desenvolvida a nivel de toda España

A solidaridade é outro dos piares sobre os que se sustenta Casa de Trillo. Por elo, nada máis ser convidados, non dubidamos en sumarnos á iniciativa solidaria RESTAURANTES CONTRA EL HAMBRE, que toma partido na loita contra a desnutrición infantil nos países máis pobres do mundo. O proxecto está promovido por Acción Contra el Hambre e la Federación Española de Hostelería.
Os establecimentos participantes na campaña aportan parte do importe de cada menú a esta causa. Señalar neste sentido que, por cada 40 euros reunidos, Acción Contra el Hambre poderá proporcionar un tratamento que salvará a vida dun neno oo nena ameazado por la desnutrición infantil nas nacións máis pobres do globo terráqueo.
Deberían ser moitos os que se sumasen a esta causa. Poucas iniciativas poden pagar máis a pena que a de salvar a vida dun pequeno.