Compartir:
08-09-2010

Os sabores do outono no plato

4º outono gastronómico en Casa de Trillo

Outono Gastronómico

Desde o 15 de setembro ata o 15 de decembro de 2010, tes unha cita cos sabores do outono na Casa de Trillo. Aproveita esta ocasión para gozar do pulso da vida rural e degustar os froitos desta época.

Tes dúas opcións:

1) ?Paquete Outono Gastronómico? que inclúe:
?1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo (noite de venres ou sábado a escoller). O prezo é de 100 ? /2 persoas en cuarto dobre ou de 60 ?/1 persoa en cuarto individual.
2) Pero a mellor opción é gozar da oferta completa da "Fin de semana Outono Gastronómico". Neste caso inclúe:
?2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo. O prezo é de 180 ? /2 persoas en cuarto dobre ou de 120 ?/1 persoa en cuarto individual.
Ademais este ano, poderás conseguir algún dos premios directos escondidos no interior da casa. Agárdante fins de semana, paquetes gastronómicos e menús gratis para agradecer a túa confianza.

Os nosos menús son:

Menú 1
Entrantes: Degustación de queixos galegos (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, San Simón)
Primeiro Prato: Caldo cremoso de outono con melón, castaña e tropezóns de pan de trigo
Segundo Prato: Caldeirada de sardiñas salgadas (ou bacallau) con bertóns de col ou nabizas e cachelos, en mollo de cebola e pemento ao Albariño
Sobremesa con Lambetadas de outono: filloa rechea de tona con fíos de mel ou torta caseira de mazá
Bebida: D.O. Ribeiro; D.O. Rías Baixas; D.O. Ribeira Sacra. Auga
Outros: Licores galegos variados: augardente, licor café, crema de anís, augardente de herbas. Café, infusións


Menú 2Entrantes
Bocados de empanada de millo con zamburiñas
Primeiro Prato
Tixola de bertóns con cogomelos e touciño de freba
Segundo Prato
Porco celta en adobo de mencía, feito amodiño no forno
Sobremesa
Ledicias do tempo: queixo e noces con mel ou torta de queixo ao forno
Bebida
D.O. Ribeiro; D.O. Rías Baixas; D.O. Ribeira Sacra. Auga
Outros
Licores galegos variados: augardente, licor café, crema de anís, augardente de herbas. Café, infusións

Bortóns

Turgalicia

Casa de Trillo en Facebook

Blog de Casa de Trillo