Compartir:
03-12-2009

EXPERTOS GALEGOS, VASCOS E PORTUGUESES ABORDAN EN MUXÍA A FILOSOFÍA DO MOVEMENTO MUNDIAL SLOW FOOD

A xerente de Turgalicia presidirá a presentación de Slow Food Galicia

Expertos galegos, vascos e portugueses abordaron en Muxía o movemento mundial Slow Food (comida lenta), creado en Italia polo xornalista Carlo Petrini para loitar contra a comida rápida. O acto tivo lugar día 18 de decembro de 2009 no salón da nosa casa.
Nunha mesa redonda foi analizada a filosofía Slow. Ademais da xerente de Turgalicia, Carmen Pita, formaron parte da mesma o rexedor de Muxía, Félix Porto Serantes; o alcalde do concello vasco de Lekeitio (Cidade Slow), José María Cazalis Eiguren; o responsable do Convivium do Alto Miño (Portugal), Jorge Miranda; o presidente da Asociación Galega do Porco Celta (ASOPORCEL), Manuel Losada Fernández; o recoñecido crítico gastronómico Miguel Vila, e o antropólogo, profesor da Universidade de A Coruña e membro de Slow Food, Antonio García Allut. Os poñentes abordaron distintos aspectos desta corrente, como a producción agrícola e gandeira, a gastronomía, ou o que supón para o turismo e para os seus propios cidadáns que un pobo sexa recoñecido como Slow. Sobre este último caso, o alcalde de Lekeitio explicou a experiencia da súa vila mariñeira. O relator luso propuxo levar a cabo iniciativas conxuntas entre os dous convivium.
Ao remate das ponencias tivo lugar unha degustación de productos incluidos na Arca do Gusto do movemento Slow Food. Agradecemos a Carnicería Antelo e a Asociación Meiro as súas donacións de embutidos de porco celta e broa de millo corvo, respectivamente.