Compartir:
03-08-2009

FACENDO O CAMIÑO EN CASAS RURAIS: BONO IACOBUS FISTERRA-MUXÍA

O Camiño de Fisterra-Muxía é a única ruta xacobea con orixe en Compostela.

Bono Iacobus


En cinco días pode facer esta prolongación, polo módico prezo de 500 euros por parella, con IVE, almorzo, ceas e traslados ao Camiño. Para reservar pode chamar ao teléfono: 902 200 432, de Turgalicia.

Aínda que o Camiño conclúe como tal na cidade de Santiago, a peregrinación non remata en Compostela. Desde a máis remota antigüidade todos os pobos e todos os viaxeiros que se achegaron a este recuncho occidental de Europa sentiron desexos de proseguir o camiño do sol, de llegar ao fin da tierra para contemplar a inmensidade do infinito e ver o sol penetrando nas augas do mar. Algúns peregrinos decidiron xa nas súas orixes prolongar a súa peregrinación ata a Costa da Morte, o último reducto de terra coñecida entón, convertindo en tramo final da súa viaxe un itinerario sinalado no ceo pola Vía Láctea.

Pode conseguir máis información sobre o Camiño de Santiago na web da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago www.amigosdelcamino.com.

Bono Iacobus