Compartir:
02-11-2010

Casa de Trillo, primeiro establecemento do Finisterre coa Q de Calidade

O esforzo realizado en prol do bo facer por parte de Casa de Trillo viuse recoñecido coa certificación Q de Calidade, que expide o Instituto para la Calidad Turística Española. Somos o primeiro establecemento con esta distinción na comarca de Fisterra.
Sen dúbida, os procesos de busca da excelencia redundarán nunha mellor atención ós nosos clientes, que ó final se converten amigos.

29-01-2011

Saboreando Galicia desde Muxía

Desde febreiro e ata xuño ofrecemos a oferta especial "Saboreando Galicia desde Muxía", que combina o encanto do rural e a gastronomía, con opción a gozar do turismo activo (surf, fotografía, ornitoloxía, Camiño de Santiago...). Elaboramos uns menús especiais para as cenas de cada mes, con produtos de tempada e alta calidade, en recetas tradicionais.

00-00-0000

Muxía, gran protagonista en Fitur

Muxía foi este ano unha das grandes protagonistas de Fitur. No pavillón de Galicia, Muxía Turismo Rural e o Concello muxiano, xunto co de Calatayud, presentaron un proxecto de intercambio entre o municipio da Barca e a ciudade aragonesa, co congro curado como vínculo de unión. Alí estaban ambos alcaldes, representantes de Muxía Turismo Rural e a directora de Turgalicia. Presidindo a sá, varios exemplares de pescado seco, que despertaron a curiosidade dos presentes, tanto polo seu aspecto visual ...


1 2 3 4 5 6