Compartir:

O entretemento e a aprendizaxe son compatibles. Ofrecémosche a posibilidade de comprobalo coa estadía en Muxía, onde ti e a túa familia poderedes convertervos en periodistas durante o tempo que vos hospededes neste recuncho de Galicia.

PROGRAMA

Día 1: Chegada a Casa de Trillo. Antes de gozar da cea, propoñémosvos que visitedes a vila de Muxía, pois posúe o característico encanto das vilas costeiras galegas.

Día 2: Almorzo.¡Comeza a aventura periodística en familia! O persoal da casa propoñeravos un tema sobre o que tedes que indagar o máximo posible durante os días que estaredes alí. Collede o Kit. de periodista que vos entregarán ,e xa estaredes listos para ser auténticos recopiladores de información. ¡A traballar!, iso si, todos xuntos.. Temas propostos: Camiño de Santiago, naufraxios, as mouras, dolmens, castros. Cea e aloxamento.

Día 3: Almorzo. Empeza un novo día, e despois de repoñer forzas nas vosas camas, xa estades listos de novo para lanzarvos á caza da información requirida, ao tempo que descobren en familia a paisaxe rural e as peculiaridades da zona. Se queredes desconectar un pouco da súa tarefa, propoñémosvos que realicedes pola vosa conta unha visita ao santuario Virxe da Barca, que data de principios do S. XVIII e está emprazado nun lugar emblemático, ao borde do mar. Cea e aloxamento.

Día 4: Almorzade tranquilamente. Celebrarase unha pequena reunión con periodista para avaliar os traballos. Os tres mellores traballos serán expostos no blog de Casa de Trillo e ademais serán premiados cunha estadía gratuíta para as familias gañadoras.

Prezo por persoa en habitación dobre: 132 ?

O prezo inclúe:

?3 noites en Casa de Trillo en réxime de media pensión (almorzo e cea)
?Kit. de periodista, consta de: bloc de notas, bolígrafo e guía da Costa da Morte

CONDICIÓNS XERAIS
Mínimo de persoas para a realización: 2
Máximo: dispoñibilidade casa.

Prezos por persoa válidos todo o ano 2010 excepto Agosto, Semana Santa, Nadal e pontes e festivos.
Suplemento por persoa en tempada alta: 70?
Suplemento neno de 2 -12 anos. 60 ? compartindo habitación con 2 adultos, inclúe aloxamento, almorzos, ceas e kit de periodista.