Sorprende á túa parella e escapa uns días a Muxía. Será unha fin de semana única para vós, das que recordaredes toda a vida.
PROGRAMA
Venres: Á vosa chegada a Casa de Trillo, poderedes comprobar como todo se atopa especialmente disposto e decorado para gozar dunha fin de semana inesquecible. Cava e un cesto de froitas farán a vosas delicias para darvos a benvida. Para cear suxerimos que deades un paseo pola vila de Muxía, cercana, e elixades unha das súas numerosas tascas con aire mariñeiro.
Sábado: Pola mañá, despois do almorzo propoñémosvos unha excursión bordeando a costa, para que coñezades máis a fondo o característico da Costa da Morte. A ruta comeza co camiño cara Carnota, onde poderedes admirar o cabazo ?máis grande do mundo? segundo os carnotáns. Para comer, aproveitando a dirección da ruta, recomendámosvos que fagades unha parada en Corcubión. Máis tarde, dirixídevos cara Finisterre, o ?cabo do fin do mundo?. Sorprenderédesvos co encanto da vila de Fisterra, exemplo característico de típica poboación mariñeira de Galicia. A ruta finaliza, chegada a Casa de Trillo, onde despois de gozar dunha especial cea á luz das velas, xuntos poderedes relaxarvos na bañeira de hidromasaxe.
Domingo: O almorzo está servido, sentirédesvos coma novos despois de pasar esta noite especial e diferente, e sentiredes tamén que o voso amor foi renovado dunha forma única. Fin dos servizos. Como colofón á vosa estadía, propoñémosvos que antes de despedirvos da Costa da Morte, visitedes Vimianzo, famosa vila por posuír un dos castelos mellor conservados de Galicia.
Prezo por parella en hab. dobre: 240 ?
O prezo inclúe:
?2 noites en Casa de Trillo en réxime de almorzo e cea.
?Cea romántica especial para dúas persoas en Casa Trillo
?Detalles de benvida, cava e cesta de froitas.
?Decoración da habitación.