Compartir:

As filloas son unha vianda típica do entroido. Nesta época cómense acompañando ao cocido, en substitución do pan, ou de sobremesa. Era habitual que as mulleres da casa se instalaran na lareira, co seu balde de moado, para dedicar a xornada a facer filloas na pedra (conservamos unha en casa de Trillo) ou no tello. Nunca faltaba un pequeno ladronzuelo que fixese baixar a pila. Actualmente estendemos o seu uso a todas as épocas do ano.

Tempo de preparación: 3/4 hora.
Dificultade: Baixa.


Ingredientes

(para catro persoas)
· 4 ovos
· 15 culleradas de fariña de trigo
· Auga
· Sal (un chisco)
· Aceite, touciño ou manteiga de porco


Preparación

Batemos ben os catro ovos, engadimos a fariña e o chisco de sal. Removemos ben ata desfacer os grumos. Podemos utilizar a batedora. Engadimos auga ata que nos quede unha masa moi solta (canto máis solta máis finas saen as filloas).

Deixamos repousar a masa uns cinco minutos. Preparamos o recipiente (tixola, pedra, tello). Quentámolo e empapámolo en aceite, touciño ou manteiga. Cun cullerón imos pondo a masa no recipiente e estendéndoa ben. Cando estea dourada a filloa por unha banda dáselle a volta, retírase, e vóese a untar o recipiente.

Existen moitas variedades de filloas segundo o que engadamos a esta masa básica:
· De anís: á masa engádeselle ½ copa de anís e leite.
· De leite: a masa leva leite e auga.
· De caldo: utilízase auga de caldo.
· De sangue: utilízase un vaso de sangue de porco e leite.
· Recheas: nata, mel, verduras, mariscos, etc.





Volver