Compartir:

Tempo de preparación: 1 hora.
Dificultade: Baixa.


Ingredientes

(para catro persoas)
· 4 anacos de Bacallau desalgado
· Patacas
· Allo
· Pemento doce
· Aceite, vinagre e sal
· Unha cebola (para dar gusto á auga)
· Auga


Preparación

Cócense a cebola, o bacallau e as patacas nunha tarteira.

Nunha tixola ponse aceite a quentar, engádense os allos picados e cando estean dourados engádense o vinagre e o pemento, deixándoos uns minutos a lume moi lento. Vértese este refrito encima do bacallau e as patacas e sérvese moi quente.

Esta receita pódese utilizar con moitos peixes. Nos pobos mariñeiros utilizan auga de mar para a cocción. Tamén se pode facer con repolo ou con coliflor.





Volver