Compartir:

Tempo de preparación: 2 horas
Dificultade: Media.


Ingredientes

(para catro persoas)
· 4 toros de pescada (boas)
· Tomate, cebola, perexil, allo
· Aceite
· Viño branco
· Pementa, pemento doce e pemento picante (un chisco)
· Patacas (en chouchas a medio fritir)
· Chícharos, espárragos e pementos en lata


Preparación

Preparamos nunha tixola ou cazola de barro con aceite a cebola picada, perexil, allos, tomate e sal. Cando estean pochados engádeselles viño branco, a pementa e o pemento.

Pásase a pescada pola tixola. Na cazola que vai ir ao forno ponse todo o anterior no fondo, encima as patacas e por último a pescada. Aspérxese esta coa salsa. No forno debe estar uns 30 minutos.

Sérvese na mesma cazola (ou cazolas individuais) adornada cos chícharos, os espárragos e os pementos.





Volver