Compartir:

Tempo de preparación: 2 horas
Dificultade: Media.


Ingredientes

(para 4 persoas)
· 2 vasos de arroz
· Catro anacos de aleta de congro
· Allo, perexil, cebola
· Pementa, azafrán e sal
· Pemento doce
· Aceite
· Auga


Preparación

Córtanse en taquiños pequenos as aletas de congro, comprobando que non teñan espiñas. Adóbase con allo, perexil e sal.

Elíxese unha tarteira ou cazola para cociñar, que será o recipiente no que vaia á mesa. Aí ponse aceite e a cebola moi picadiña, que se deixa dourar un pouco. Agrégaselle os anacos de peixe. Nun vaso de auga desfaise a pementa, o azafrán, o sal e o pemento doce e tamén se engade. Cando ferva todo isto, engádense tres vasos de auga e o arroz. Déixase cociñar a lume lento comprobando o sabor e movendo o recipiente para que non se pegue.

Pódese adornar con tiriñas de pemento morrón.





Volver