Compartir:

Tempo de preparación: unha hora.
Dificultade: Baixa.


Ingredientes

(para catro persoas)
· 1 ½ quilos de xudías verdes
· Un anaco de touciño entrefebrado
· Allos, aceite, vinagre e sal
· Un pouco de touciño ou de unto de porco


Preparación

Nunha pota ponse a cocer as xudías, co touciño/unto, auga (que as cubra ben) e sal.

Nunha tixola frítense os allos ben troceados e engádeselle o touciño entrefebrado en taquiños. Cando todo estea feito, agrégase un chorro de vinagre.

Sérvese nunha fonte coas xudías e o contido da tixola por encima. Tamén se pode engadir chourizo e ovo.





Volver