Compartir:

Tempo de preparación: unha hora e media.
Dificultade: Baixa.


Ingredientes

(para catro persoas)
· 1 ½ quilos de lombo
· 100 gramos de manteiga de porco
· Limón (zume)
· ½ vaso de auga quente
· Sal


Preparación

Quítaselle ben a graxa ao lombo, átase cun cordel fino, dándolle forma de rolo e sálgase.

Nunha fonte refractaria ponse a manteiga e métese ao forno. Cando estea quente colócase encima o lombo, procurando darlle algunhas voltas para que se doure por igual por todos os lados.

Cando estea dourado aspérxese coa auga quente e déixase asar unha hora e media aproximadamente, ata que estea tenro (forno a 175º). Aspérxese novamente pero só co limón. Apágase o forno e déixase uns cinco ou dez minutos. Logo trínchase en lonchas finas.

A salsa que queda na fonte vértese nunha salseira, para logo verter sobre o lombo cortado en lonchas finas.

Pódese servir nunha fonte redonda adornada con ensalada de leituga e tomate, ou tamén con patacas fritas ou cocidas.





Volver