Compartir:

Tempo de preparación: 2 horas.
Dificultade: Media.


Ingredientes

(para oito persoas)
· 1 lata de bonito (500 g)
· 2 ovos cocidos
· 3 cebolas medianas
· 4 dentes de allo
· 1 cullerada de perexil
· 1 1/2 de aceite

MASA:
· 600 g de fariña de trigo
· 1 vaso de aceite
· 1 vaso de auga tépeda
· 1 vaso de leite
· 1 sobre de fermento
· 1 ovo
· sal


Preparación

Picamos as cebolas, moi miúdas e pómolas a fritir en aceite quente. Unha vez pochadas, agregamos perexil e allo (picadiño). Cando se termine de facer isto engadimos o bonito desfeito. E removemos para que quede o recheo homoxéneo.

Se espolvorea de fariña a empanadeira e ponse unha capa de masa. Engádese o recheo anterior, ben estendido, os ovos cocidos en chouchas finas ou espolvoreando, e cóbrese coa outra capa de masa. Prepáranse os bordos cun garfo, cubrindo a capa superior ca inferior. Pódese adornar con anaquiños de masa.

Antes de metela no forno se pincela con ovo batido (para que quede brillante e dourada).

MASA:
Colócase a fariña nunha superficie. No medio faise un buraco no que se botan o aceite, o leite, o fermento desfeito na auga amornada con sal e o ovo. Empézase amasando no centro e vaise engadindo a fariña dos bordos ata conseguir unha masa homoxénea e consistente. Cando estea preparada divídese en dúas cheas (un para cada capa).





Volver