Compartir:

Tempo de preparación: 3 horas (planificar con 2 días de antelación).
Dificultade: Media.


Ingredientes

(para oito persoas)
· Un anaco de unto
· Fabas (deberán estar en remollo unhas 12 horas)
· Un anaco de touciño de porco
· Carne de porco do salgadoiro (desalgada): costela, lingua, cabeza, orella,...
· Media de galiña
· Un anaco de carne de tenreira.
· Verdura limpa e troceada (grelos, nabizas, repolo ou col) e patacas
· Chourizos
· Auga e sal


Preparación

Dependendo das semanas que leve salgada, a carne de porco pode necesitar entre 12 e 48 horas para desalgar.

Nunha pota grande ponse as fabas, o unto e as carnes, en auga fría abundante. Cócese isto, vixiando que a carne non se abrande demasiado. Vaise retirando a medida que alcance o punto óptimo. Posteriormente engádense a verdura, os chourizos e un pouco máis tarde as patacas. Cando estea preparado sepárase do lume. Algunhas persoas derriten o touciño na tixola e engádeno coa verdura.

Pódese servir o caldo (acuoso) de primeiro, en sopeira. E de segundo ponse a verdura e as patacas nunha fonte e as carnes (quentes) e chourizos mesturados noutra.

Unha variedade do caldo de melón incorpora anacos pequenos deste coa verdura.





Volver