Compartir:

ampliar Encontro IV

Encontro IV

A AXENDA 21 NA CULTURA COMO DESENVOLVEMENTO LOCAL

Ampliar Encontro IV

ampliar Paolo Caucci presenta un libro sobre Buonafede Vanti

Paolo Caucci presenta un libro sobre Buonafede Vanti

O profesor italiano Paolo Caucci presentou o 30 de xullo de 2010 en Casa de Trillo o libro do que é autor o seu fillo Jacopo.
As peregrinacións a Muxía e Fisterra son compostelanas, de pleno dereito, pois hai prbas que o confirman. No caso de Muxía, cunha prolongación mariana, e no de Fisterra, cristológica. Así o asegurou o profesor italiano e máxima autoridade mundial no coñecemento do Camiño de Santiago Paolo Caucci, durante a presentación do libro "Gian Lorenzo Buonafede Vanti. Cartas desde el fin del mundo". Neste acto participou tamén a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen comparou a Muxía na que se ambienta o libro ca actual, "unha fin do mundo que recibe a novos turistas e peregrinos". Destacou tamén o importantísimo papel de Paolo Caucci na investigación do Camiño, á vez que anunciou que o proxecto do Parador muxiano quedaría concluido en breve.
O alcalde, Félix Porto, tras felicitar, ó igual que Carmen Pardo, a Casa de Trillo polas súas iniciativas, abogou por potenciar o fin do Camiño, que, ó seu entender, está en Muxía e Fisterra, á vez que aproveitou para solicitar da Xunta a posta en valor da prolongación da Ruta, así como o impluso do Centro de Arte Contemporáneo, proxectado para a vila da Barca.
Entre os asistentes atopábanse o presidente da Asociación Galega de Turismo Rural, Luciano Sánchez, o presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte, José Gabín, o presidente da Asociación de Turismo da Costa da Morte, Manuel Pan, o alcalde de Corcubión, Francisco Lema, o escritor e expresidente da AGACS, Antón Pombo, entre outras personalidades da zona.
Paolo Caucci é catedrático da Universidade de Perugia (Italia), presidente do Centro Italiano Studi Compostellani, da Fundación do Santo Milagro do Cebreiro e rector da Confraternitá San Jacobo di Compostella, entre moitos outros cargos.
Buonafede Vanti
Era un profesor franciscano qeu peregrinou a Santiago no Ano Santo de 1717 e rematou o seu percorrido en Muxía e Fisterra. Durante a súa viaxe escribiu 12 epístolas que foron publicadas dous anos máis tarde en Italia. Comenta nunha das cartas que "...a Vosa Señoria díxenlle que quería ir desde Compostela ata Muxía co fin de ver cos meus propios ollos todo o que se me comentara sobre prodixios e maravillas que case a diarion sucenden naquelas rochas á beira do mar océano". De Santiago camiñou ata Ponte Maceira e de alí a San Martín de Ozón. Deste lugar escribe "é terruño sen ningunha identidade, suxeito en xurisdición tempora á Orde de San Benito, onde o vicario benedictino mou benigno me enchiu a cantimplora de bo viño e me deu un gran pan de pobo con medio anaco de queixo. Queríame dar tamén chocolate; o meu compañeiro bebiu e eu rexeiteino para dicir misa en Muxía, na igrexa da Nosa Señora da Barca, que distaba tres leguas de aquí". Vanti continuou ata Muxía e di dos lugareños que "son pobres e só se ocupan de pescar e as mulleres de facer encaixes que logo venden noutros pobos. O lugar chámase comunmente Nosa Señora da Barca por estr a súa imaxe nunha pequena e antiquísica igrexa pouco distante da beira do mar do solpor". De Fisterra -Finisterrae- relata que é un pobo non tan pequeno, "bastante pobre, con algunhas boas casas e rico só en pescado que é moi bo e que se vende por moi pouco precio".
Comenta o seu paso por Corcubión, a súa visita á Igrexa e describe esta vila "benhabitada, con boas casas e unha ampla praza donde hai unha fonte con moita auga". Relata que na outra beira do mar, está Cea, e explica que é un topónimo deformado de Seffa "pretendendo estes comarcanos que foi edificada por algúns ciudadanos de Seffa, cidade do Reino de Nápoles que se afincaron nesta rexión".
Menciona a localidade Ezairo, na súa andaina de retorno a Santiago, "non ten casas, máis ben cabanas, que parecen pocilgas e de feito dentro delas viven e dormen as familias xuntos, coas bestas".
No seu retorno a Santiago voviu a pasar por Ponte Maceira. Describi a súa chegada a Compostela o día de San Bartolomé "tras recitar o Oficio Divino, a misa e beber o chocolate que me deu un Padre Definidor, entrei en Compostela onde todos os padres se congratularon moito conmigo polo meu regreso da nosa Señora da Barca e de Finisterrae.
É un libro moi interesante para os amantes da historia e da etnografía, que nos traslada ó século XVIII e á vida que levanban os nosos antepasados do 1717.
Bo Camiño

Ampliar Paolo Caucci presenta un libro sobre Buonafede Vanti


1 2