<< Historia

Castellano . English . Deutsch

Casa de Trillo, de longa tradición histórica, atópase en Santa Mariña, pequena aldea do Concello coruñés de Muxía que aínda conserva o sabor da tradición.

En pleno mundo rural galego, á capela dedicada a esta santa, o muíño, as fontes, o cruceiro e as sendas que a percorren, participan dun paisaxe de gran riqueza que é fácil de presenciar : actividades agrarias, gandeiras e forestais en calquera canto.

Santa mariña atópase emprazada nun enclave privilexiado desde o que podemos realizar atractivos itinerarios de distintos percorridos. Un deles pola propia aldea e as fincas que a circundan, outra conduce as formacións rochosas chamadas «caldeiras» labradas polo río Castro no seu curso pola parroquia de Coucieiro.

Ademais a escasa distancia que hai ata a costa facilitaranos coñecer Cabo Touriñán, o punto máis occidental de España, e do que parten varias rutas pola súa agreste paisaxe. Non lonxe de este enclave agarda Fisterra, punto ó que os romanos bautizaron como O Fin do Mundo.

A praia dos Muíños atópase tan só a 4 km da casa, e a pouca distancia de Lago e a praia de Nemiña, moi coñecida entre os seareiros ó surf. Outro lugar de interese é o Ézaro, singular por recoller a desembocadura do río Xallas, afogado polas centrais eléctricas, pero da que podemos aproveitar temporalmente en fechas sinaladas.

Os amantes dos túmulos pétreos teñen nesta zona un gran campo de investigación. A Ruta dos Dolmes trasládanos á civilización galega de hai 6000 anos. Os petroglifos de Boallo, os dolmes de Berdoias, Pedra da Arca (Baíñas), Pedra Cuberta (Treos), Arca da Piosa (Serramo) e Dombate (Borneiro) son xacementos arqueolóxicos que non pasan desapercibidos para o docto nestes temas. Outro dos ingredientes da Costa da Morte é a súa riqueza en artesanías.

O Castelo de Vimianzo, outrora residencia dos Condes de Altamira, acolle a mostra de artesanía en vivo durante todo o ano, na que se poden ver as palilleiras de Camariñas, Muxía e Vimianzo, os oleiros de Buño, o traballo en liño, zocos e outros oficios tradicionais.

Ademais, se vostede nos visita o 18 de xullo, poderá disfrutar da tradicional Romaría de Santa Mariña, santa moi coñecida pola sua virtude para curar os animais. Ese día ten lugar a poxa de rellos e pés de porco, que os devotos levan á virxe como agradecemento polos favores concedidos. Os romeiros aproveitan tamén para recoller terra santa que luego suministran ós animais cando padecen algunha doenza.

A menos de 4km de Santa Mariña transcorren os dous tramos do Camiño de Santiago que dende Fisterra e Dumbría conducen a Muxía, meta e punto final de Prolongación.

O Santuario da Virxe da Barca, a 8 km, famoso polas súas lendarias pedras, está intimamente vinculado á tradición apostólica.

Conta a lenda que atopándose Santiago Zebedeo nos acantilados, desanimado pola escasa acollida das súas predicacións entre os lugareños, apareceulle a Virxe María, en carne mortal, para anunciarlle que debía volver a Galilea porque a súa obra estaba xa concluída.

De aquela viaxe en barca nos queda la vela (pedra dos cadrís) e a nave (pedra de abalar).

Poderanse levar a cabo rutas en bicicleta e organizar variadas actividades para os visitantes. Podemos coñecer unha explotación agropecuaria, coa súas plantacións forestais, a súa gran horta, cabazo e cortes. Esta circunstancia queda patente nos elementos decorativos dos dormitorios e o seu nome, que coincide co das principais fincas: Granxa, Agra, Darriba, Furiño, Gándara, Petón e Cortiña.

Deleitaremos o noso intelecto cun achegamento á historia de Galicia a través dos persoeiros ilustres que saíron desta casa e dos documentos antigos que se conservan, nos que atopará unha noción de cómo era a sociedade galega nos últimos cinco séculos.

De igual maneira, a estancia na Casa nos permitirán aproveitar de variadas posibilidades. Dúas das habitacións, na planta baixa, están acondicionadas para minusválidos e na planta alta deseñouse unha habitación especial con bañeira de hidromasaxe.

A estancia na casa tamén ofrece a oportunidade de coñecer a artesanía da Costa da Morte, tanto pola utilización destes productos na decoración como pola exposición e venta dos mesmos.

SITUACIÓN >>

PREZOS
 
Habitación Dobre especial 
Habitación Dobre con baño 
Prezo normal
75 Euros
60 Euros
Días verdes
60 Euros
48 Euros

OFERTA ESPECIAL DÍAS VERDES
Desconto do 20%
Disfrute de 3 noites e pague só 2.

BONO IACOBUS
Ya puedes recorrer caminando la ruta xacobea de Santiago a Fisterra y Muxía, y descubrir el fin del mundo de una manera nueva, más cómoda y especial.

El Bono Iacobus se puede contratar durante los días verdes 2007 y supone un 20% de descuento sobre el precio real del alojamiento.

Descargar  Pasaporte>> Descargar Folleto>>

(tarifas IVA non incluído)

Estos prezos incluen almorzo caseiro.

FAGA A SÚA RESERVA

Telf. +34 981 727 778 / Móvil: 607 794 818
Web: www.casadetrillo.com
e-mail: info@casadetrillo.com

Poñemos á súa disposición a guía da COSTA DA MORTE, axenda de actos actualizada, historia, espacios naturais, novas, mapas, o tempo, web-cam, etc.
web Costa da Morte