<< Inicio

Castellano . English

Casa de Trillo de Santa Mariña conserva documentos forais co Mosteiro de Morime que demostran a súa existencia ó menos dende 1558, sendo coñecido o núcleo como <<Casal de Santamarina>>.

Sabemos que esta casa foi berce dunha figura da historia de España, D. Benito de Agar e Leis, bautizado na capela da Santa Mariña de Prado o 4 de Novembro de 1722, quen emigrou ó Novo Reino de Granada (Colombia) como axudante de cámara do vicerrei, Xosé Afonso Pizarro. O seu fillo, máis coñecido que o pai, Pedro Agar e Bustillo, foi un ilustre mariño e un dos protagonistas da política española e galega da época. Cegou a desempeñar o cargo de Presidente da Rexencia, ingresou na aramada en 1780, participou en varias accións navais no continente americano, instruíu na Academia de Gardas Mariños en Ferrol e foi elixido deputado nas Cortes de Cádiz.

Nembargantes, , o momento álxido da súa carreira tivo lugar cando foi nomeado Presidente da Rexencia de España e das Indias, responsabilidade que volveu a exercer tres anos despois.

Máis tarde, o devecer dos acontecementos políticos do momento fixo que sufrira desterro en Betanzos, pero en virtude do clamor popular que esixía a volta ó poder do prestixioso caudillo liberal, en 1820 asumiu a xefatura política e a capitanía xeral do Reino de Galicia.

Actualmente, os Condes de Taboada son os representantes do liñaxe dos Agar de Santa Mariña. Na cidade de A Coruña consérvase a Rúa de Agar, que remata na Real, xunto ó edificio que Pedro Agar levantou a finais do século XVIII.

De esta casa tamén saíu o famoso clérigo Don José Díaz Arosa, coñecido como <<o Sabio de Villastose>> que ademais de ser unha persoa moi culta era visitado por moitos fieis para que os sandase das súas doenzas.

Poñemos a súa disposicón a guía da COSTA DA MORTE, axenda de actos actualizada, hisoria, espacios naturais, novas, mapas, o tempo, web-cam, etc.
web Costa da Morte