Compartir:
22-01-2012

Vive a maxia do amor en Casa de Trillo durante o mes de febreiro

Unha proposta para San Valentín

Interior de Casa de Trillo

O amor tamén precisa ser mimado e para iso propoñemos unha escapada no mes de San Valentín. Boa estancia, gastronomía e os rincunchos da Costa da Morte.
Un día: Pack de benvenida con Champán, froitas e bombóns. Cea romántica, cálida habitación e almorzo. En habitación normal: 120 euros. En habitación con hidromasaxe: 135 euros.
Dous días: Pack de benvenida. Cea romántica unha noite, 2 noites de pernocta e almorzos. En habitación normal: 170 euros. En habitación con hidromasaxe: 200 euros.

Apartado de reservas de Casa de Trillo